Convocatoria para participar en experiencias de traballo en xeoparques de referencia en Portugal e Estremadura

A Deputación da Coruña promove estas viaxes profesionais ao Xeoparque Arouca (Portugal) do 30 de setembro ao 2 de outubro, e ao Xeoparque Villuercas-Ibores-Jara (Estremadura) do 6 ao 9 de outubro co obxectivo de fomentar o intercambio de experiencias. 

A Deputación da Coruña, a través do proxecto de desenvolvemento do Xeoparque Cabo Ortegal, abre o proceso de inscrición para participar en dúas experiencias de traballo dirixidas a empresas, profesionais e entidades vinculadas ao turismo sustentable e ao desenvolvemento territorial local.

Trátase de dúas viaxes que permitirán coñecer de primeira man dúas experiencias pioneiras de xestión turística e posta en valor do patrimonio natural en espazos recoñecidos pola UNESCO: o Xeoparque Arouca (en Portugal) e o Xeoparque Villuercas-Ibores-Jara (en Estremadura). O obxectivo é fomentar o intercambio de boas prácticas, establecer redes de colaboración profesional e reforzar as capacidades técnicas dos axentes do territorio.

Datas e destinos

Xeoparque Arouca: do 30 de setembro ao 2 de outubro de 2025.

Xeoparque Villuercas-Ibores-Jara: do 6 ao 9 de outubro de 2025.

As persoas interesadas en participar deberán cubrir este formulario de inscrición online, no que tamén poderán consultar as Bases de Participación. O prazo de inscrición aberto ata o venres 19 de setembro de 2025.

A convocatoria está dirixida a profesionais e entidades con vinculación ao territorio do Xeoparque Cabo Ortegal, cunha actividade relacionada co ecoturismo, xeoturismo, turismo científico, interpretación do patrimonio, turismo educativo ou iniciativas de desenvolvemento local sostible.

A selección das persoas participantes farase segundo criterios obxectivos, garantindo unha representación equilibrada entre os distintos concellos implicados e perfís profesionais diversos.

Estas accións están financiadas no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) do Xeoparque Cabo Ortegal, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea – Next GenerationEU.

Lea también

La CEG ve la inversión de Indra en As Pontes como una «excelente noticia» para la «reindustrialización» gallega

La Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ha considerado la inversión de Indra en As …