Nova edición da carreira-andaina solidaria «As Pontes Contigo»

A concelleira de Benestar Social, Tania Pardo, e a edil de Deportes, Elena López, presentaron na Casa do Concello, a terceira edición da Carreira – Andaina Solidaria “As Pontes Contigo”, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Discapacitados Activos A Xanela, que se celebra o vindeiro 28 de setembro, a partir das 10:00 horas, na rúa 8 de marzo.

Fuente Concello de As Pontes

No acto tamén participaron a vicepresidenta da asociación, María del Carmen Fernández, e a educadora social do centro, María Sanmiguel, que detallaron os principais aspectos desta xornada de carácter lúdico, deportivo e solidario, na que se prevé a participación de arredor de 400 persoas de todas as idades e condicións físicas.

Durante a presentación, a concelleira Tania Pardo destacou que o evento busca fomentar a inclusión, o deporte e a solidariedade, lembrando que “é unha cita que ano tras ano conta cunha excelente acollida e que exemplifica como toda a veciñanza, independentemente da idade ou das capacidades físicas, é benvida e protagonista”. Ademais, agradeceu o traballo e dedicación da Asociación A Xanela, sinalando que a organización desta actividade require unha importante labor previa, que non sería posible sen o compromiso dos seus integrantes.

Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Elena López, sumouse aos agradecementos e animou á cidadanía a participar nesta iniciativa. Subliñou que “o deporte ensínanos que o esforzo e a constancia teñen recompensa, algo que as persoas usuarias de A Xanela coñecen ben”.

Desde o Concello das Pontes animouse á veciñanza a tomar parte nesta cita solidaria, onde o máis importante non é a competición, senón a colaboración, a práctica deportiva e o desfrute dunha xornada de domingo en familia e con amigos, apostando por unha vila máis inclusiva e solidaria.

A iniciativa “As Pontes Contigo” naceu hai tres anos co obxectivo de fusionar deporte e inclusión e, segundo destacou María Sanmiguel, “segue a consolidarse dentro da programación municipal como un evento de referencia”. Nesta edición, os fondos recadados destinaranse a financiar actividades e cursos dirixidos ás persoas usuarias de A Xanela ao longo do ano.

Programación da xornada

A actividade comezará ás 10:00 horas coas carreiras infantís. Ás 11:00 horas terá lugar a saída da carreira absoluta, cun percorrido de 5 quilómetros polas rúas do centro urbano. Unha vez iniciada esta proba, arrancará a andaina popular, de 3,5 quilómetros. A entrega de premios realizarase ao remate da carreira absoluta e premiarase ás persoas máis rápidas de cada categoría.

Inscricións

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 24 de setembro a través da plataforma www.deporticket.com. No caso da andaina, as inscricións tamén poderán realizarse presencialmente nas dependencias da asociación A Xanela ata o venres 26 de setembro ou o mesmo día da proba, antes do inicio da marcha.

Ademais, habilitouse un “Dorsal 0” na mesma páxina web para aquelas persoas que desexen colaborar coa causa sen participar fisicamente no evento. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á Asociación A Xanela ou consultar a web de inscricións.

Lea también

Valdoviño invita a realizar el Camino a San Andrés de Teixido

Abre este jueves inscripciones en la tradicional andada, que este año se celebrará el 27 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *