As Pontes reafirma o seu compromiso coa formación e emprego na clausura do abradoiro Dual EUME IV

O Concello das Pontes clausurou o pasado lúns 15 de setembro o Obradoiro de Emprego Dual EUME IV, centrado na especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes no que, durante nove meses, un total de 15 alumnos e traballadores recibiron formación e realizaron tarefas prácticas de mellora e mantemento en diversos espazos verdes do municipio.

Trátase dun programa dual de formación e emprego, cuxo obxectivo foi mellorar a cualificación profesional das persoas participantes a través dunha combinación de formación teórica e prácticas profesionais efectivas, ofrecendo unha vía sólida para a súa inserción no mercado laboral.

Esta cuarta edición contou cun orzamento total de 348.946 euros, cofinanciado pola Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración, que achegou 308.946 €, o Concello das Pontes, que contribuíu con 32.000 €, mentres que os concellos da Capela e As Somozas, como entidades colaboradoras, achegaron 4.000 € cada un.

As persoas participantes tiveron a oportunidade de obter o certificado de profesionalidade, e ao longo do programa desenvolveron actuacións de mellora en espazos públicos como o parque do Campo da Feira e as prazas do Hospital e América, entre outros.

Durante o acto de clausura, a concelleira de Emprego, Ana Pena, destacou o valor desta iniciativa:  “Este obradoiro é unha mostra máis do noso compromiso coa formación e o emprego de calidade. As quince persoas que remataron esta etapa fano con coñecementos sólidos, experiencia práctica e, sobre todo, coa posibilidade real de inserirse nun mercado laboral que demanda perfís profesionais como o voso”.

Pena tamén puxo en valor a colaboración institucional que fixo posible esta acción:“Dende o Concello das Pontes levamos tempo apostando por esta liña de traballo conxunto entre administracións, para ofrecer á nosa veciñanza ferramentas de axuda e acompañamento especializado que lles permitan desenvolver as súas competencias profesionais e acceder ao mercado laboral en mellores condicións”.

O Concello destacou tamén o impacto positivo do obradoiro na mellora do espazo público e na dinamización do tecido económico e social das comarcas de As Pontes, A Capela e As Somozas.

Lea también

Padres de alumnos del CPI As Mirandas, en Ares, denuncian «graves deficiencias» en las aulas de Infantil

La ANPA reclama que solucione la masificación, la falta de ventilación y la carencia de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *