Volve a Ferrol o ciclo de ‘Os xoves da capela’ coa actuación de Félix Slim Trío

As entradas poden adquirirse no Jofre e na web de Ataquilla ó prezo de tres
euros.

O recoñecido músico de blues Félix Slim visitará este xoves a Capela do Torrente Ballester coa súa banda Felix Slim Trío. O concerto comenzará ás 20.30 horas e ao longo de 75 minutos o público viaxará por diferentes ramas, dende o ragtime e o blues hillbilly, pasando polo swing clásico e o western swing, ata o jump blues e o blues de Chicago.

Félix Slim provén de Ceuta, e na actualidade reside en Brooklyn (NY). Autodidacta e inspirado nos sons do Delta, Piedmont e Texas, amosa a súa maestría na guitarra slide, o fingerpicking e diversas afinacións. As súas interpretacións dinámicas de clásicos do blues e composicións orixinais, fusionadas con elementos de flamenco, rebetiko e jazz manouche, cautivaron a audiencias en oito álbumes e en máis de quince países e catro continentes.

Slim amosa a súa versatilidade liderando a súa propia banda, a Félix Slim R&R Trío, ofrecendo unha cautivadora mezcla de blues eléctrico dos anos 50 e 60, swing, r&b, e os primeiros sons do soul/funk.

Gañador do 2º premio na categoría de solo/dúo do Internacional Blues Chellengue (IBC) 2000 e gañador do Premio Lee Oskar Best Harmónica Award, Félix Slim estará á voz, guitarra e harmónica, acompañado de Oriol Fontanals no contrabaixo, e Reginald Vilardell na batería. A súa capacidade para conectar e cautivar ao público dan lugar a actuacións en vivo fascinantes, nas que Félix Slim combina o humor e a calidez das súas raíces coa esencia cruda do blues.

Lea también

Se inaugura la exposición “Das Crebas”, de Xosé Luis López en el Ateneo Ferrolano

El Ateneo Ferrolano presenta la nueva exposición del artista gallego Xosé Luis López (Das Crebas), …