Axenda en Narón do 17 ao 21 de setembro

Mércores 17 de setembro de 2025

Actividade: A voar Lugar. No Centro cívico social de San Xiao, ás 17:00 horas.

O programa Apego, impulsado dende o Concello de Narón a través do Servizo de Normalización Lingüística, retómase coa proposta A voar, de Cé Orquestra Pantasma. A asistencia require inscrición previa.

Venres 19 de setembro de 2025

Actividade: Entes Animados. Lugar: CCS San Xiao, ás 19:00 horas.

O primeiro dos espectáculos do VII Festival Internacional de Entes Animados que se celebrará en Narón será Marieta la valiente, da compañía brasileira Trapustero Teatro. A entrada é de balde.

Actividade: Semifinais da Copa Galicia de Baloncesto Feminino. Lugar: Pavillón polideportivo municipal da Gándara, ás 18:30 e 21:00 horas.

O Concello colabora coa Federación Galega de Baloncesto e outras entidades neste evento deportivo, que na súa semifinal reunirá ao Durán  Maquinaria Ensino contra Maristas Coruña (18:30) e ao Baxi Ferrol contra o Celta Femxa Zorka (21:00).

Sábado 20 de setembro de 2025

Actividade: V Torneo Promoción Xadrez. Lugar: Centro cívico Social do Alto do Castiñeiro . De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas,

O Concello organiza co Círculo Xadrez Narón este evento, un circuíto valedeiro para a décimo oitava edición do Galego de Promoción.

Actividade: Acuatlón Cidade de Narón. Lugar: Paseo marítimo de Xuvia. Hora: Saída da proba absoluta ás 16:00 horas.

Os participantes percorrerán nas disciplinas de natación e atletismo tramos de diferentes lonxitudes en función das categorías.

Actividade: Finais da Copa Galicia de Baloncesto Feminino. Lugar: Pavillón polideportivo municipal da Gándara , ás 20:00 horas.

Os equipos que gañen a semifinal de onte disputarán o premio final.

Actividade: Musical Peter, voamos! .Lugar: Pazo da Cultura, ás 20:00 horas.

O Concello colabora coa asociación Aspas neste evento, no que tamén se implicaron a Asociación Nuestra Señora de Chamorro e a Rede Cultural da Deputación da Coruña. É un musical protagonizado por actores e actrices con discapacidade intelectual, que estarán acompañados no escenario por unha orquestra en directo formada por persoas voluntarias.

Actividade: Entes Animados. Lugar: CCS O Val, ás 20:30 horas.

O ciclo do VII Festival Internacional de Entes Animados continúa coa representación de As minhas mais Marieta la valiente, da compañía portuguesa Trulé. A entrada é de balde.

Actividade: Cine na rúa: Momias. Lugar: Praza do colexio de Xuvia , ás 21:30 horas.

O Concello organiza este ciclo, en colaboración coa administración provincial, con entrada de balde. Nesta xornada proxectarase a película Momias.

Domingo 21 de setembro de 2025

Actividade: V regada do IC Circuíto Deputación da Coruña de Piragüismo en augas tranquilas. Lugar: Paseo marítimo de Xuvia, ás 15:00 horas.

Preto de 300 deportistas procedentes de clubs de diversos concellos da provincia participarán nesta convocatoria.

Actividade: Entes Animados. Lugar: CCS Sedes, ás 17:00 horas.

O ciclo de Entes Animados continúa coa representación de Limonardo da vento, da compañía búlgara Kalina-El árbol que camina. A entrada é de balde.

Actividade: Presentación do disco Daydreaming. Lugar: Pazo da Cultura, ás 19:00 horas.

A naronesa María López presentará no Pazo da Cultura, Daydreaming, un proxecto que desenvolve dende hai máis dun ano e que é unha colección de pezas coas que se sente identificada e cómo a artista. Un álbum de once temas interpretados e arranxados pola artista, que colaborou con outros profesionais de renome como Susana Seivane, Bellón Maceiras e Carlos Núñez.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …