A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza unha nova edición do Foliada de Sedes

A Asociacións Cultural Vai Rañala Meu! organiza para este sábado 20 de setembro a IIIª edición da “Foliada de Sedes” para celebrar un ano máis a nosa tradición musical.

compañía Teatro dos Ghazafelhos-archivo

A actividade, que vén cargada dun completo programa de actos, terá lugar na nave do Recinto Feiral do Trece comezará ás 10:00 horas cun Obradoiro de Construción de Pandeira, impartido por Andrés Balbona, reputado artesán da comarca de instrumentos de percusión tradicional e para o que xa non quedan prazas. As 13:30 horas o grupo de baile tradicional de Lago, Álvaro Cunqueiro, animará a sesión vermú ata o xantar. A partir das 14:30 horas poderase desfrutar do xantar a base churrasco e callos veganos a prezos populares, para elo haberá un espazo deseñado para tal fin con mesas e cadeiras para as persoas asistentes.

A actividade continuará despois do xantar, ás 17:00 horas, cun dos pratos fortes da xornada, coa representación do espectáculo teatral para público familiar “O vendedor de Fume” por parte da aclamada compañía Teatro dos Ghazafelhos. A entrada é de balde.

A partir das 18:00 horas Xiao Mogín (compoñente do grupo Maghúa), impartirá un obradoiro de toque de pandeireta enfocado no “Maneo en Bergantiños”, que será de acceso libre e de balde , e está enfocado a público de niveis de iniciación e intermedio. A Foliada abrirase ás 20:00 horas coa actuación do grupo de música tradicional Meninos do Pandeiro (Lalín), seguidos de Maghúa (A Coruña) e a Fol do Raxal (Cervo). E logo foliada libre ata que o corpo aguante.

A partir das 20:00 horas haberá tamén a posibilidade de cear no propio lugar da foliada. A actividade esta organizada pola Asociacións Culturais Vai Rañala Meu! é conta co colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña e do Concello de Narón.

Lea también

Narón acolle a regata do IV Circuíto Deputación da Coruña de Piragüismo

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, e o presidente do Club Piragüismo Narón, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *