Narón comeza a entregar os rótulos coas novas numeracións de vivendas do Val

Os edís de Estatística, Mar Gómez, e Patrimonio, José Oreona, anunciaron que dende o Concello de Narón se entregará a partir deste venres e durante as vindeiras dúas semanas á veciñanza da parroquia do Val a nova numeración das súas vivendas.
 

Os rótulos, tal e como indicaron, son gratuítos, e levan o nome da rúa, o número da vivenda e un código QR que dá acceso a unha ficha con datos catastrais do inmoble. Para poder recoller a numeración correspondente deberán achegarse á terceira pranta do concello en horario de 8:30 a 13:30 horas, traendo a dirección e referencia catastral do inmoble.

 
As persoas que teñan dúbidas sobre a dirección exacta asignada á súa vivenda poden consultala introducindo a referencia catastral da mesma no visor público do Concello, a través do enlace: https://tinyurl.com/mpkbnrhc. Os veciños de Castro, San Xiao e San Mateo que aínda teñen pendente a recollida da súa placa numerada poden pasar polo Concello para facelo.
 
Dende o goberno local inciden na importancia de dispoñer dun número visible e correcto nas vivendas co fin de facilitar o labor dos servizos de emerxencia, no caso de que sexan precisos; mellorar a localización para a entrega de correo postal e paquetería e tamén contar na cidade cun rueiro máis ordenado.

Lea también

Narón investirá máis de 1,4 millóns en obras con cargo ao POS+2026

O Pleno do Concello de Narón aprobou na súa primeira sesión ordinaria do ano a …