A cinta, protagonizada por Luis Zahera no papel de pai, se proxectará este mércores no Torrente Ballester. Tras a visualización terá lugar un coloquio no que participará a súa directora, Alicia Úbeda, acompañada de Bea Villar, da productora Brava.
A Capela do Centro Torrente Ballester acolle este mércores 17 de setembro ás 20:30 horas a proxección da curtametraxe Ratiña, escrita e dirixida por Alicia Úbeda e protagonizada por Carmen García, Sara Ferro e Luis Zahera. Entre outros espazos, Ratiña xa foi exhibida na V Mostra de Cinema do Rosal (Pontevedra), o IV Festival de Cine Curto de Ribadeo (Lugo), e o Festival Internacional de Cine Bajo la Luna-Islantilla (Huelva).
Nesta cinta, de 11 minutos de duración, abórdase o acoso escolar, a xestión das emocións e a resolución dos conflitos familiares, todo dende unha perspectiva social.
Tras a proxección, terá lugar un obradoiro audiovisual que levará a cabo a súa directora, Alicia Úbeda, acompañada de Bea Villar, produtora da compañía Brava. Ao longo de 30 minutos, ambas explicarán a linguaxe do cine aos espectadores, para que poidan comprender mellor a historia que se narra nesta produción. Cuestións como por que os personaxes están asociados a certas cores, a intención de escoller un encadre fotográfico fronte a outro, ou a importancia da posta en escena e os movementos dos actores serán abordados no coloquio.
A continuación, e para completar esta actividade, se debatirá sobre os aspectos sociais da curta, que é unha historia real da que se pode reflexionar e aprender a coidarnos como sociedade. O público poderá participar, xa que se lanzarán cuestións para debatir, como a importancia da xestión emocional na casa, como identificar unha situación de bullying, ou como os conflitos da madurez ás veces poden tapar os medos dos nenos.
A entrada é libre aínda que precísase retirar a invitación na billeteira do Jofre ou na web de Ataquilla