Os alumnos do obradoiro dual de emplego “Terras do Ortegal II”, reciben os seus diplomas

O Teatro da Beneficiencia en Ortigueira, acolleu este venres 12 de setembro, a entrega de diplomas da II edición do Obradoiro dual de emprego “Terras do Ortegal II”, que contou coa participación de 19 alumnos e alumnas  traballadoras e que tiveron a oportunidade, durante 9 meses, de formarse e obter o certificado de profesionalidade de nivel 2 SSCS0208 Atenció n sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Os alcaldes de Ortigueira, Valentín Calvín; Cerdido, Alberto Rey; Mañón, Alfonso Emilio Balseiro; e a alcaldesa de Cariño, Ana María López participaron na entrega dos diplomas aos 19 alumnos e alumnas que asistiron e que superaron a formación que conduce á obtención do certifcado de profesionalidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Nesta ocasión, a cita tamén contou coa delegada territorial da Xunta de Galicia, Martina Aneiros, e o director territorial, Juan José Couce, que quixeron acompañar ao alumnado na clausura desta formación que pon fin a 9 meses de formación e emprego. Tamén asistiron representantes das asociacións de adaptación Ferrol, de ASPROMOR e da residencia de maiores.

Na súa intervención, a delegada territorial puxo en valor este tipo de formacións que axuntan formación teórico-práctica ”prestando atención ás necesidades de cada contorna, neste caso unha comarca cunha poboación moi dispersa e envellecida”, explicou, “como a vía máis efectiva para acadar unha integración laboral máis alta que, a fin de contas, é o obxectivo que perseguimos”.

O alumnado quixo agradecer á Residencia de maiores ‘Dolores Díaz Dávila’, a ASPROMOR e ó Servizo Específico de Estimulación Terapéutica do Alzheimer e outras Demencias xestionado por AFAL Ferrolterra pola oportunidade brindada durante estos meses de visitar e realizar prácticas nas súas instalacións onde puideron consolidar ou adquirir habilidades para o desempeño da súa profesión.

O Obradoiro dual de emprego está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia cun importe de 411.870,09€ e cofinanciado polos Concellos de Ortigueira, Cariño, Cerdido e Mañón con 15.000€.

Lea también

Informes técnicos determinan en Mugardos la tala de la palmera en la avda de Galicia

El Concello de Mugardos anuncia con pesar la inevitable tala de la palmera situada en …