O pleno de Cedeira aproba o proxecto para ampliar a piscina municipal

A maioría da corporación tomou os acordos que permitirán asinar o convenio
coa Deputación Provincial para cofinanciar a actuación, valorada nuns 588.790€.

Vaso actual de la piscina

O pleno da corporación de Cedeira aprobou esta semana, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e o BNG, o proxecto técnico da ampliación da piscina municipal e a solicitude dunha subvención nominativa á Deputación da Coruña para acometelo. Con estes acordos e o da necesaria modificación de crédito nos orzamentos municipais, aprobada na mesma sesión extraordinaria, complétanse os trámites precisos para poder asinar o convenio de colaboración coa institución provincial. A actuación ten un presuposto de 588.790,08€, dos que a Deputación asumirá 300.000€ e o Concello, os 288.790,08€ restantes.

A piscina municipal vai crecer ao longo e ao ancho, pasando dos 16×8 metros actuais aos 25×11,6m. É unha vella aspiración do Concello de Cedeira, que inicialmente pretendeu artellar un programa de financiación a tres bandas, coa Xunta de Galicia, para construír unha nova instalación. Foi un acordo unánime do pleno a comezos de 2023, pero a realide foi que o goberno autonómico non respostou e o municipal optou por procurar unha solución co respaldo da Deputación Provincial.

A obra de ampliación do vaso virá acompañado por unha importante mellora no funcionamento enerxético da instalación. A piscina actual foi inaugurada hai case 35 anos e ten un illamento deficiente, que vai ser corrixido cunha nova cuberta, novos muros para sustentala e unha fachada no lado leste que será de vidro illante e permitirá o paso da luz natural. Haberá novos equipos de depuración de auga, renovación de aire e iluminación e o conxunto procurará máis confort para usuarios e usuarias e menor consumo de enerxía.

Na mesma sesión plenaria recolleu a súa acta María Diana Cendán Rodríguez, a nova concelleira do BNG que ocupa o lugar de Xosé Antón Arribe Rodríguez.

Lea también

Mugardos refuerza los servicios sociales tramitando la cobertura de una plaza para el SAF

El Concello de Mugardos continúa trabajando en la mejora de los servicios de atención social …