Cedeira acolle o ciclo “Cantos e contos ao solpor”

O Concello de Cedeira leva este sábado 13 o ciclo “Cantos e contos ao solpor” ao local social da Asociación de Veciños de San Román. Alí, ás 20.00 horas e con entrada libre, o actor Avelino González ofrecerá o seu monólogo “Chistes que foron contos”, no que fai unha adaptación aos tempos actuais de vellos chistes de curas, de políticos… porque “mudaron as formas, pero non o fondo, que é rir de quen manda”.

Para este espectáculo, Avelino González investigou os chistes que se contan en diferentes lugares do mundo e descubriu que en todas partes saen personaxes pintorescos ou importantes, lendas de mouras e tesouros, anécdotas e sucedidos tráxicos, cómicos ou amorosos. A toponimia, os xiros lingüísticos e o vocabulario do lugar onde se conte tamén son elementos fundamentais neste contar. E así créase un repertorio centrado no sitio no que se conta, no que se poderá recoñecer o lugar e a xente.

Será a segunda sesión deste ciclo que impulsa cada ano o Concello de Cedeira e que marca o paso do verán ao outono, sempre promovendo tamén a realización dos espectáculos en locais das diferentes parroquias. Os vindeiros dous sábados terán lugar outras dúas funcións, a primeira na parroquia de Regoa, a cargo de Carmen Conde, e a última no casco vello da vila, na praza do Pazo de Moscoso, a cargo de María da Pontragha e Bleuenn Le Friec.

Lea también

El BOE publica la declaración del puente de Cruzul, en Lugo, como bien de interés cultural

El Boletín Oficial del Estado (BOE) publicaba este jueves el real decreto por el que …