Ferrol en Común demanda unha actuación decidida para o mantemento das estradas de titularidade estatal do termo municipal

Segundo declara na súa nota de prensa Ferrol en Común-FeC, «logo das últimas actuacións no entorno da rotonda de Nicasio Pérez e o vial que conduce aos Hospitais da área sanitaria de Ferrol, resulta unha evidencia palpable que a Demarcación de Carreteras, dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, está a tratar de forma neglixente, e pode que deliberada, á cidadanía de Ferrol, poñendo en risco a seguridade viaria».

Ademais queisanxe do «lamentable aspecto que presentan as vías de circunvalación da cidade», o peor do caso é que «en puntos negros se empeora o risco para condutores e viandantes, pola nula actuación das administracións».

Ferrol en Común denunciou esta situación en sucesivas ocasións en Comisión de Urbanismo e Mobilidade, alegando o goberno local que “xa se lle dixo” ou “xa se lle comunicou” á demarcación, sen ter constancia escrita destes requirimentos. Tamén según as declaracións de FeC observan «que o rebacheo e pintado é frecuente en tramos da AP9 a partir da saída do noso termo municipal, mentres o tramo dende Narón ao Porto presenta un estado calamitoso, tanto nos peches perimetrais, como no asfaltado e pintado de vías«. O feito de que «se asfaltaran os tramos en peor estado da FE 13 supuxo que as liñas de intersección e pasos de peóns quedaran desdibuxados, e o risco para os peóns incrementouse exponencialmente».

E por iso que Ferrol en Común reclama que se inicien as reclamacións administrativas pertinentes para solventar esta situación, «de forma urxente e con inicio de accións xudiciais de ser necesario«, mesmo «solicitando a cesión inmediata das vías, para protexer un ben de primeiro nivel, a seguridade viaria e o dereito á integridade física das persoas, sobre todo, cando é responsabilidade da Administración».

Lea también

Presentación en Ferrol de ofertas para la remodelación de pistas deportivas de fútbol 8 en Caranza

  La Plataforma de Contratación Pública del Sector Público abre hasta el 1 de octubre …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *