Cinco rondallas participan na III edición de «Rondalleando por Ultramar»

A música máis ferrolá poderá escoitarse este venres a partir das 19.00 horas polas rúas desde barrio.

O Concello de Ferrol e a Asociación Multisectorial Ultramar Village organizan a terceira edición do Rondalleando por Ultramar, unha iniciativa coa que se achega a música das rondallas a este barrio.

Así, está previsto que un total de cinco rondallas (Lucero del Alba, Club de Campo, Bohmeios, O Son do Mar e Sonidos del Alba) recorran as rúas e prazas de Ultramar a partir das 19.00 horas deste venres, parando a cantar diante de máis dunha vintena de locais asociados a Ultramar Village.

O itinerario que seguirá cada unha das rondallas pode consultarse nas redes sociais da asociación ou na ligazón https://bit.ly/RPU2025.

O Rondalleando por Ultramar realízase grazas a unha axuda concedida polo Concello de Ferrol dentro da subvención de actividades de dinamización e promoción económica para o ano 2025.

Lea también

Afundación de Ferrol acoge la exposición retrospectiva de Antonio Mingote «La inteligencia del trazo»

La muestra, realizada en colaboración con la Fundación Mingote, reúne más de cien obras que …