A Aula da Natureza-PAI en Valdoviño inicia o curso con 17 nenos

Máis dun centenar de menores de 0 a 3 anos pasaron polo centro municipal dende a súa apertura en 2017.

Fuente Concello de Valdoviño

A Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia PAI iniciaba esta semana o novo curso con 17 nenos de cero a 3 anos, e a previsión dalgunha incorporación máis o vindeiro mes. Retomaba así a actividade tras o parón vacacional de agosto, e facíao co periodo de adaptación, no que as familias participan acompañando aos seus fillos, aumentando os tempos de estancia destes segundo cada caso co obxectivo de concluír o mes cos horarios propios do centro.

Fuente Concello de Valdoviño

Emprazado no paseo da praia e lagoa da Frouxeira, este servizo municipal de conciliación é gratuíto para as familias, e dende a súa posta en marcha, en 2017, acolleu a 109 nenos.

Fuente Concello de Valdoviño

Lea también

Neda activa inscripciones para la tradicional merienda de carnaval de los mayores

La gastronomía será un año más protagonista en las celebraciones del carnaval en Neda. El …