Están dirixidos para persoas traballadoras desempregadas.
A concellería de Emprego de Ferrol, ao frente da que se atopa o concelleiro Javier Díaz Mosquera, informa que foron publicados na prataforma da oficina virtual de emprego para buscar formación da Xunta de Galicia (Diplos), o curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.
Estes dúas accións formativas están financiadas pola Xunta de Galicia, dentro das accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025-2026.
Para o curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (nivel 2-Certificado de profesionalidade), as persoas interesadas en participar deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Xunta de Galicia, tendo preferencia as persoas en situación de desemprego, e será necesaria a titulación de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 (ESO ou equivalente, ou as competencias clave de nivel 2).
Será presencial en horario de tarde 14:30-19:30 horas, e cunha duración de 528 horas, ten previsto iniciarse o próximo 3 de novembro e a finalización o 22 de abril 2026. Para realizar a inscrición é necesario solicitala na seguinte ligazón: https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion=2025/002645-01
Este curso está dirixido a formar profesionais que desenvolven a súa actividade profesional no sector de prestación de servizos sociais a persoas en centros ou equipamentos que presten servizos de atención sociosanitaria: centros residenciais, centros de día, e outros similares.
En canto ao curso de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (nivel 1 Certificado de profesionalidade), as persoas interesadas en participar deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Xunta de Galicia, tendo preferencia as persoas en situación de desemprego.
Será presencial en horario de mañá de 9:00-14:00 horas, e cunha duración de 508 horas, ten previsto iniciarse o 10 de novembro 2025 e a finalización será o 27 de marzo del 2026.
Para realizar a inscrición neste curso é necesario solicitalo na seguinte ligazón: https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion=2025/002646-01
Está dirixido a formar profesionais para que desenvolvan as súas funcións en empresas de todos os sectores produtivos, principalmente en oficinas, despachos ou departamentos de administración ou servizos xerais, en ocupacións como poden ser recepcionistas-telefonistas en oficinas, ordenanzas, auxiliares de servizos xerais, auxiliares de oficina, auxiliares de arquivo e/ou de información.