O Campus Industrial de Ferrol amplía a súa oferta formativa cun máster en Realidade Estendida

O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alberto Luaces, coordina o máster en Realidade Estendida

A Realidade Estendida (XR) aglutina tres tecnoloxías máis ou menos ben coñecidas, a día de hoxe, polo conxunto da sociedade: a Realidade Aumentada (AR), a Realidade Virtual (VR) e Realidade Mixta (RM). Todas estas tecnoloxías permiten crear contornas onde o físico e o dixital se misturan, ofrecéndolle as persoas usuarias experiencias inmersivas únicas.

Para formar aos e ás profesionais do futuro, a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acolle, a partires deste mes de setembro, o máster en Realidade Estendida (masterXR), impulsado pola Universidade da Coruña (UDC) xunto coa Universidade de Vigo (UVigo), único no Sistema Universitario Público Español.

Tal e como explica o coordinador deste título único no Sistema Universitario Público Español, o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alberto Luaces, o máster achegará ao alumnado ao mundo da
Realidade Estendida (XR) a través das ferramentas de software, tales como plataformas ou motores gráficos, e da tecnoloxía de hardware empregada, principalmente gafas de realidade virtual, móbiles ou sensores, para
desenvolver contornas virtuais, simulacións e visualizacións de datos, buscando o seu complemento coas novas tendencias en Intelixencia Artificial (IA).

Deste xeito, a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) capacitará ao estudantado no deseño, na configuración, na integración e na adaptación dos sistemas de Realidade Estendida (XR) en sectores tan variados como poden ser o da fabricación, o da loxística, o da saúde, o do entretemento, o da educación, o da publicidade, o do turismo ou mesmo o do benestar social.

No Campus Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña (UDC), ofértanse un total de 10 prazas, en modalidade presencial. As outras 10 restantes están vinculadas á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (UVigo). Esta formación interuniversitaria está dirixida a alumnado con formación previa no eido das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TICs). Desde a coordinación do título agardan que estes mozos e mozas teñan, entre outras, habilidades no campo da programación, no do deseño de algoritmos, así como coñecementos de electrónica.

Preinscrición e matrícula

Ademais do prazo ordinario, a Universidade da Coruña (UDC) establece tamén un período de matrícula extraordinario, do 25 de agosto ao 7 de setembro, destinado a aquelas persoas tituladas que non formalizaran a súa preinscrición con anterioridade e a aquelas que, sen estar aínda tituladas, teñan só pendente de superar o Traballo Fin de Grao e un máximo de 9 créditos ECTS.

Foto: O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alberto
Luaces, coordina o máster en Realidade Estendida, unha titulación única no
Sistema Universitario Público Español e que nace da man da Universidade da
Coruña (UDC) e da Universidade de Vigo (UVigo).

Lea también

Expertos españoles y portugueses colaboran para conservar los miliarios de la antigua Vía Nova romana

Expertos del Instituto Geológico y Minero de España (IGME-CSIC), la Universidade de Santiago de Compostela …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *