Bar El Paseo e Autos Pasuco disputan a final do Torneo de Fútbol Sala OcioSol

O pavillón municipal de Valdoviño acolle ás 20 horas o encontro polo 3º e 4º posto entre Minuetto/Radiocar e Meraki, e ás 21 horas, celébrase a gran final.

Bar El Paseo e Autos Pasuco disputan este venres 5  a gran final do Torneo de Fútbol Sala OcioSol 2025. Será no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás, Valdoviño, nun emocionante encontro que o público poderá seguir a partir das 21:00 horas.

Unha hora antes, ás 20 horas, Meraki e Minuetto/Radiocar saltarán ao terreo de xogo para loitar pola terceira praza.

El Paseo chega á gran final tras superar na fase previa ao Minuetto, vencedor da anterior edición do torneo, por un axustadísimo 3-4, namentras que Autos Pasuco impoñíase a Meraki por 3 tantos a 1, conseguindo así o pase á final.

Tras os encontros, o Concello procederá á entrega de trofeos, na que tamén se recoñecerá ao equipo local mellor clasificado e ao xogador máis veterán da competición.

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …