Fene celebra unha nova edición do seu Outlet con grandes descontos no comercio local

Esta fin de semana regresa unha das citas máis agardadas do comercio local: o Outlet Fene, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de setembro, organizado polo Concello de Fene en colaboración coa Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro” e coa colaboración económica da Deputación da Coruña.

O evento desenvolverase en horario de venres e sábado de 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h, e o domingo de 11:00 a 13:30 h. Será unha excelente oportunidade para atopar produtos de calidade a prezos moi rebaixados, ademais de desfrutar dun ambiente festivo, con animación e decoración especial nos comercios.

Os establecementos participantes nesta edición serán: A Tenda Agasallos, Arrecendo Galego, Berline Boutique, Bualá, Cafetería CMIU Fene, Calzados Locay, Cáprica Cómics y Juegos, Costuras Mercería e Lencería, DaMa Fene, El Baúl de Bego, Jomer, Kenia Fene, Koralli Boutique, Lencería Loly Calvo, Lualé 114, Más Sport, Mayka Moda, Mi Pachu e Un Pedacito de Mi.

No ámbito hostaleiro, o CMIU Fene ofrecerá unha promoción especial consistente nunha ración de 10 aliñas de polo barbacoa con patacas a 5 euros, mentres que Arrecendo Galego organizará sorteos presenciais de cestas e vales para ceas o venres e sábado ás 21:30 h aproximadamente.

A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, salientou que o Outlet Fene é “un escaparate perfecto para apoiar ao comercio de proximidade e dinamizar o concello. É unha oportunidade para que a veciñanza e visitantes poidan descubrir todo o que ofrecen os nosos establecementos, con descontos moi atractivos e nun ambiente festivo”.

Lea también

Neda acoge la edición especial XX aniversario de su “Xuntanza de palilleiras”

Filigrana abre inscripción para el veterano encuentro artesana, que llega con novedades. Ya hay fecha …