O Torneo de Fútbol Sala OcioSol encara en Valdoviño a súa recta final

Meraki, Autos Pasuco, Radiocar/Minuetto e Bar El Paseo buscarán este mércores o seu pase á final do Torneo de Fútbol Sala OcioSol. Os encontros disputaranse ás 20:30 e ás 21:30 horas no pavillón O Longoiro.

O Torneo de Fútbol Sala OcioSol encara a súa recta final tras un mes de competición no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás.

Organizado pola concellería de Deportes de Valdoviño, trátase dun dos torneos máis veteráns do calendario de verán na comarca, e nesta edición contou coa participación de oito equipos.

Tras a fase de liguilla, este mércores celebraranse as semifinais. A primeira disputarase ás 20:30 horas, e enfrontará ao Meraki e ao Autos Pasuco, e na segunda, ás 21:30 horas, o Radiocar/Minuetto e o Bar El Paseo buscarán o seu pase á gran final, que terá lugar este venres 5 de setembro.

Dende a Concellería de Deportes, o edil de área, Sergio Saavedra, animaba esta mañá á veciñanza a achegarse ao pavillón municipal e desfrutar dos encontros.

Lea también

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación. La cita tendrá lugar …