Valdoviño abre inscricións nun Programa de Promoción da Saúde para adultos

O obxectivo é favorecer a adopción de hábitos de vida saudables no ámbito da alimentación, a actividade física e o benestar emocional.

O Concello de Valdoviño propón á veciñanza tomar parte no Programa de Promoción da Saúde da REGAPS -Rede Galega de Promoción da Saúde-. A iniciativa busca favorecer a adopción de hábitos de vida saudables no día a día entre a poboación adulta, especialmente no ámbito da alimentación, a actividade física e o benestar emocional.

De reunirse un grupo mínimo de 10 persoas, planificaranse 9 sesións presenciais, cunha duración estimada de hora e media-dúas horas (polas mañás), e alternaranse espazos interiores e exteriores en función das condicións meteorolóxicas. Virán precedidas dunha primeira valoración das persoas participantes de cara a coñecer o punto de partida do grupo en relación aos seus hábitos de vida.

Unha información útil para establecer as dinámicas e ferramentas a implantar. O programa estará guiado por unha terapeuta ocupacional e unha traballadora social da Área Sanitaria de Ferrol da REGAPS.

As persoas interesadas en sumarse ao proxecto, con participación de balde, poden cubrir o formulario dispoñible na web municipal e envialo ao email deportes@concellodevaldovino.com ou entregalo no departamento municipal de Deportes.

Ata o 9 de setembro, incluído, coa intención de iniciar o programa no mes de outubro.

Lea también

El gobierno local de Cariño abierto al diálogo sobre la RPT con los trabajadores

Personal del Ayuntamiento de Cariño viene manifestándose para reclamar la negociación y aprobación de una …