Neda abre inscrición nun programa de promoción da saúde impulsado coa REGAPS

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e o Concello de Neda impulsan unha proposta formativa destinada tanto ao público adulto como aos maiores, para favorecer a adquisición, consolidación e/ou incorporación de hábitos de vida saudables no día a día. Unha iniciativa para a que a administración local abriu o prazo de inscrición.

Ao longo do Programa de Promoción da Saúde abordaranse os principais factores protectores da saúde, estruturados en tres áreas clave: alimentación saudable, actividade física e o benestar emocional.

Este ciclo formativo comezará no mes de outubro. Desenvolverase ao longo dunhas nove semanas, e contará con outras tantas sesións presenciais, en horario matinal, na localidade. Os veciños e veciñas interesadas en participar deben anotarse na oficina de Servizos Sociais da Casa Consistorial. Intentarase crear un grupo con perfís afíns.

Segundo apuntan dende a REGAPS, dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública, as sesións, de hora e media de duración, terán un enfoque práctico para facilitar a aprendizaxe e a integración de novos hábitos.

Lea también

O servizo de recollida do lixo en Valdoviño, está a ter problemas para trasladar a Sogama os residuos para o seu tratamento

Dende o pasado sábado, FCC, empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo en Valdoviño, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *