Abre ao público en Neda a exposición itinerante «O fin do Camiño»

Xa pode visitarse no centro cívico de Neda a exposición itinerante “O fin do Camiño”.

Unha proposta do colectivo Egeria, que ofrece unha visión das rutas de peregrinación a Santiago, centrada nos aspectos humanos e monumentais, destacando os detalles máis sobranceiros.

A concelleira de Cultura, Marián Bello, achegábase na mañá deste venres 17 ata a mostra, que conta co apoio da Xunta, e que permanecerá na vila ata o 23 de outubro. 

O horario de visita é de luns a venres, de 10 a 12 e de 16:30 a 20:30 horas. 

Lea también

Os Mércores de Cine volven ao Pazo da Cultura de Narón con catro películas feitas en Galicia

O Cineclube Serie B e o Concello de Narón organizan un novo ciclo tralo éxito …