A xornalista da COPE, nedense, Ada Romero será a pregoeira da XXXV Festa do Pan

A xornalista nedense Ada Romero será a pregoeira da XXXV Festa do Pan Neda, 2 de setembro do 2025. O Concello aposta, un ano máis, por unha muller e nedense como pregoeira da XXXV Festa do Pan de Neda. Desta volta a elección procede do mundo da comunicación. A xornalista Ada Romero, cuxa voz resultará ben familiar ao público que sintoniza Cope Ferrol, terá a honra de abrir oficialmente este domingo a emblemática cita gastronómica, tomando así o testemuño da actual vicerreitora do Campus de Ferrol e de Responsabilidade Social da UDC, Ana Ares.

Ada, nacida en Neda e criada a cabalo entre Xuvia e a Avenida de Alxeciras, foi antiga alumna do San Isidro, e pertencente á xeración que estreou o IES Fernando Esquío, asume con honra o encargo de ler o pregón oficial, un dos momentos máis especiais do veterano evento, declarado dende hai máis dunha década Festa de Interese Turístico de Galicia.

A nedense, que estudou xornalismo en Santiago e completou os seu estudos cun máster de comunicación audiovisual en Madrid, onde comezaría a traballar nun xornal local, entra dende hai case 17 anos a diario nos fogares dos milleiros de radio oíntes que sintonizan, de luns a venres, o magazine Mediodía e Herrera en
Cope.

Ada Romero, que garda os mellores recordos dunha vila que é parte da súa historia persoal e na que conserva parentes, recibiu con sorpresa o convite municipal. Con todo, non dubidou en contestar afirmativamente. Asegura que asume o encomenda con ilusión e orgullo, e coa lembranza aínda viva de cando desfrutaba da festa en
Albarón.

O pregón está previsto para as 13 horas, se ben a actividade no paseo marítimo de Neda comezará ao redor das dez da mañá, momento no que está prevista a apertura dos postos de venda das panaderías participantes, así como do
tradicional mercado artesán. Na xornada, como sempre, non faltarán nin a concorrida comida popular nin as actividades infantís nin a música.

Lea también

Neda abre inscrición nun programa de promoción da saúde impulsado coa REGAPS

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e o Concello de Neda impulsan unha …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *