Máis dun centenar de persoas inscritas en Narón no “Trail Costa Ártabra”

A cuarta edición do Trail Costa Ártabra, organizada polo Concello de Narón e a Asociación Deportiva Cultural Bombeiros de Narón, celebrarase o vindeiro día 14 de setembro. Máis dun centenar de persoas están xa inscritas neste evento deportivo e o prazo para anotarse rematará o 9 de setembro ás 23:59 horas.

As inscricións nesta proba, que é carreira UTMB Index, e outorga puntos para a gran final das UTMB World series 2026 que se disputará en Chamonix (Francia), deben realizarse a través da web: www.rockthesport.com.

O evento consta de dúas modalidades, carreira e andaina, con saída e meta en ambos casos das inmediacións da cooperativa do Val. O trail, cun total de 300 prazas, conta cunha modalidade longa de 27 quilómetros e outra de 14, nas categorías sénior e veteráns, e por primeira vez unha absoluta, masculinas e femininas. A andaina longa ten un percorrido de 13,5 quilómetros e a curta de 8, cun máximo de 90 prazas en cada nunha delas.

Os percorridos trazados para o trail e a andaina permitirán, en función da opción a realizar, percorrer as inmediacións da Pena Lopesa e da Pena Molexa, desfrutar do entorno natural dos acantilados da zona do Val e da zona das praias de Lopesa, Hortiña e Casal… entre outras ubicacións.

As bases ao completo deste evento deportivo poden consultarse na web: www.rockthesport.com.

Lea también

O Rally Terra de Galicia percorrerá 375 km e sete concellos co apoio da Deputación

Esta primeira edición da proba conta con 46 pilotos inscritos e disputarase do 4 ao …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *