Aberta en Narón Aberto a inscrición na acción formativa Xestión de residuos urbanos e industrias do Sistema de formación profesional de grao C

O Concello de Narón, está iniciando o proceso de selección do alumnado para participar no certificado profesional de Xestión de residuos urbanos e industriais (468 horas, código SEAG0108).

Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia esta acción formativa do Sistema de formación profesional de grao C, para persoas traballadoras desempregadas. Así o anunciou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida, que subliñou que se trata dunha formación completa, nunha familia profesional demandada polo sector.

Ademais de ser o único centro homologado en Galicia, que está a executar esta especialidade. Será impartido en modalidade presencial, en horario de mañá, de 5 horas ao día e con 15 prazas. Dispón de formación en empresa e curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas de duración. Dende o Concello subliñouse a urxencia de que as persoas desempregadas interesadas en realizar este curso debe preinscribirse a través da web: diplos.xunta.gal

A edil naronesa indicou que se trata dunha acción de nivel 2. Hermida indicou que o perfil requirido ao alumnado, ademais de constar como persoas demandantes de emprego no SEPE, o Nivel 2 de cualificación, require dispor ter certa titulación académica, como a ESO, Competencias Clave de Nivel 2 e outras titulacións.

Esta formación, realizarase no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e son de balde para as persoas participantes. Os teléfonos de contacto para recibir máis información son o 981-333135 ou 981-337700, (ext. 2602). Tamén se pode solicitar máis información a través do correo electrónico; a.alvarez@naron.gal. Ou acudir, directamente ao Centro Municipal de Formación, o martes 21 de outubro, de 9:00 a 12:00 horas.

Lea también

A alcaldesa Ferreiro recibe no Concello de Narón aos tres novos axentes da Policía Local

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recibiron …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *