Neda celebra este sábado unha nova edición do veterano Festival da canción mariñeira

O paseo marítimo de Neda acollerá o sábado, 6 de setembro, a partir das 19 horas, unha nova entrega do Festival da canción mariñeira.
O certame, organizado pola Agrupación artística Lucero del Alba, de Neda, alcanza a súa 26 edición e permitirá aos asistentes das interpretacións de cinco agrupacións musicais.

Así, o tradicional encontro, destinado a dar a coñecer e conservar as cancións de inspiración mariñeira, contará coa participación das rondallas Bohemios e Sonidos del Alba– as dúas de Ferrol-, e de Trovadores de Ares, da coral polifónica Costumes, de Bergondo, e máis da anfitrioa Lucero del Alba.

Como vén sendo habitual, o Concello de Neda colabora coa organización facilitando a infraestrutura e o equipo técnico necesarios para desenvolver o evento, que volverá estar presentado por María Porto.

Tras a actuación das rondallas, a programación, que conta tamén co apoio da Deputación da Coruña, incluirá unha degustación de mexillóns (serviranse acompañados pan e bebida por 5 euros) e a animación musical de Alejandro Caribe.

Dende o Concello convidan aos veciños e veciñas comarca afeccionadas ás habaneras e á canción coral a achegarse á vila para desfrutar deste encontro festivo que, desta volta, será a antesala da Festa do Pan de Neda.

Lea también

Inaugurada en el Museo Naval de Ferrol la muestra de 17 reproducciones de cuadros de Ferrer Dalmau

En el Museo Naval de Ferrol se ofrece una magnífica exposición, «Imágenes de la Historia» …