O servizo de recollida do lixo en Valdoviño, está a ter problemas para trasladar a Sogama os residuos para o seu tratamento

Dende o pasado sábado, FCC, empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo en Valdoviño, está a ter problemas para trasladar a Sogama os residuos para o seu tratamento. Os seus camións non puideron facer unha soa descarga na planta de transferencia sita en Narón nin sábado nin domingo, e este luns, só foi posible realizar dous depósitos dos cinco previstos.

O citado luns, FCC informaba ao Concello de Valdoviño, tras constatar que non se trataba dun problema puntual, e que repercutiría no servizo que se ofrece á veciñanza. Pola súa banda, o alcalde, Alberto González, poñíase en contacto con Sogama para tentar recabar máis información, e urxir unha pronta resolución.

Nas conversas entabladas, a empresa da Xunta alegou que non dispón dos colectores precisos para que os camións descarguen os residuos; achacou esta carencia a un problema loxístico co transporte, e avanzou que confía en resolvelo ao longo da semana

Lea también

El gobierno local de Cariño abierto al diálogo sobre la RPT con los trabajadores

Personal del Ayuntamiento de Cariño viene manifestándose para reclamar la negociación y aprobación de una …