Valdoviño pon en valor o “Bosque dos campións e campioas do Pantín Classic”

Contribuír a que a contorna da praia de Pantín sexa, pouco a pouco, aínda máis verde. Ese é un dos obxectivo do “Bosque dos campións e campioas do Pantín Classic”, unha iniciativa posta en marcha no 2019 polo Concello de Valdoviño e máis pola organización do certame, que funde a homenaxe aos surfistas gañadores de cada edición co compromiso ambiental. As primeiras árbores medran xa inmediacións da caseta de socorrismo do areal.

Aproveitando a celebración do 38 Abanca Pantín Classic Galicia Pro, a administración local dotaba a esa zona de paso dun panel informativo sobre a orixe e propósito deste proxecto con vocación de futuro, que busca que a competición teña un impacto duradeiro na mellora do medio.

E así cada gañador ten a oportunidade de plantar unha árbore nesta área, deixando deste modo un recordo permanente do seu paso polo certame.

O alcalde, Alberto González, a concelleira de Cultura e Turismo, Rosana García, e o edil de Infraestruturas viarias, Germán Gómez, supervisaban, xunto ao Yago Barreto, director do veterano evento surf, o panel explicativo, no que figuran xa unha ducia de nomes.

Unha lista a que o próximo domingo se sumarán os dos vencedores desta 38 edición, marcada polo incrible tamaño das ondas.

Lea también

Neda acoge la edición especial XX aniversario de su “Xuntanza de palilleiras”

Filigrana abre inscripción para el veterano encuentro artesana, que llega con novedades. Ya hay fecha …