San Sadurniño acolle o seu tradicional trofeo de fútbol

Este domingo 31 se celebra no campo da piscina o Trofeo de Fútbol Concello de San Sadurniño, cun partido feminino entre a SD O Val B e as Discalzas SD Cedeira, e outro masculino no que volverase vivir o derbi co enfrontamento entre o CF San Sadurniño e a UDC Narahío.

Fotografía de arquivo fuente César Galdo

Un cambio introducido en 2023 foi o de que o trofeo reflicta o compromiso municipal coa igualdade e, por esta razón, todas as edicións dispútanse desde aquela a dous partidos, un feminino e outro masculino.

O trofeo municipal abrirase no campo da piscina ás 16:30 horas co partido feminino entre a SD O Val B e as Discalzas de Cedeira, rivais no Grupo 1 da Terceira División Galega. Os dous partidos ligueiros que xogaron na temporada 2024/2025 saldáronse con cadanseu marcador a cero, sinal de que se trata de equipos con forzas semellantes, tal e como refrenda tamén que ambos quedasen relativamente próximos na metade da táboa clasificatoria. Esa igualdade será, seguramente, un dos factores determinantes para que o domingo poidamos asistir a un espectáculo futbolístico moi intenso e entretido.

O seguinte partido comezará ás 19:30 horas co gran derbi entre o CF San Sadurniño e a UDC Narahío. Os dous equipos locais, que militan na liga zonal de Ferrol da Segunda Futgal, encóntranse preparando a temporada 25/26 con numerosas incorporacións que cómpre axeitar aos cadros e as estratexias. O ano pasado non se enfrontaron no trofeo, pero si nunha liga moi exitosa para o San Sadurniño, que rematou segundo, e algo menos favorable para o Narahío, sexto na clasificación. No partido ligueiro de ida, o Narahío perdeu na casa por 0 goles a 1 fronte á escuadra laranxa.  Na volta, o Sansa repetiu victoria cun contundente 3-0.

Así as cousas, o partido deste domingo promete ser, coma sempre, de alta voltaxe (deportiva), habida conta da rivalidade histórica entre as dúas formacións e o desexo da UDC de non encadear unha nova derrota.

Lea también

Club Arco Narón obtiene grandes resultados en el Trofeo ‘Entroido’ en Ferrol

Este pasado domingo por la mañana tuvo lugar en Ferrol el ya tradicional Torneo‘Entroido’para las …