O VeraneAres Deportivo 2025 conclúe con toda a súa actividade estival

O VeraneAres Deportivo puxo o seu punto e final neste agosto deixando imaxes que falan por si soas dos trazos característicos desta programación municipal: rapaces gozando do período estival a través do deporte, das amizades e do contacto directo coa natureza aresá.
 
Fuente Concello de Ares
Ao longo do mes, a programación municipal levou á mocidade a explorar e xogar en espazos de enorme valor natural como son o parque Rosalía de Castro, a praia urbana ou a ría, ademais de propoñer diferentes dinámicas lúdicas no pavillón polideportivo ou polas parroquias. Unha boa combinación para aprender e desfrutar do verán entre iguais.
 
Fuente Concello de Ares
Fuente Concello de Ares
Con todo, o VeraneAres Deportivo tamén supón unha axuda para as familias, ao achegar unha alternativa lúdico-educativa que aposte pola vida activa e o coñecemento da contorna máis próxima ás crianzas.
 
Despídese da programación da concellaría de Deportes sabendo que toca agardar ata o próximo verán para máis aventuras.

Lea también

AD Naútico de Narón destaca no Cto. Galego Master de inverno

Gran actuación do equipo master esta pasada fin de semana no Campionato Galego Master de …