O pavillón Campo da Serra acolle o XXXI Torneo Cidade de Narón de balonmán

O pavillón Campo da Serra acolle este sábado 30, a trixésimo primeira edición do Torneo Cidade de Narón de balonmán, en horario de mañá e tarde. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento acompañado por Alejandro Basoa e César de Castro, presidente e vicepresidente do Clube Balonmán Narón que coorganiza o evento co Concello, así como de Emilia de Castro e César de Castro xogadores do mesmo.

Na xornada da mañá, entre as 10:30 e as 14 horas, terán lugar os partidos da categoría infantil, nos que competirán ademáis do Narón, o OAR, o Viveiro e o Eume. Pola tarde, entre as 16:15 e as 19:15 horas, será o turno da categoría cadete na que participarán o clube anfitrión xunto co OAR e o Viveiro.

Como colofón a esta xornada, ás 20:15 horas terá lugar o 1º Encontro de copa da categoría senior no que se enfrontarán o Balonmán Narón e o Balonmán As Pontes.

O edil de Deportes valorou o feito de que un ano máis se dispute este torneo que xa en clásico da cidade, poñendo en valor o traballo realizado dende o Club Balonmán Narón e animando á cidadanía a acudir ao evento para apoiar aos deportistas que participarán no mesmo.

Lea también

Contundente victoria del BBCA masculino ante Maristas en su primer partido en Caranza

Debutaba el Costa Ártabra ante su público el sábado ante Maristas después de haber hecho …