O Meirás CF anótase a vitoria no “XXXIII Torneo de fútbol Concello de Valdoviño”

Equipos participantes

O Meirás CF gaña a XXXIII Torneo de fútbol Concello de Valdoviño no que mediron as súas forzas co S.D. Valdoviño e máis co Rosalía de Vilaboa, disputouse a tarde do sábado no campo municipal de
Mourente.  Os de Meirás levaron tamén para a casa o trofeo xuvenil.

O clásico triangular, que contou cunha boa entrada de público, arrancaba a media tarde co partido entre o Valdoviño, con ganas de revalidar o triunfo da pasada edición, e o Rosalía. O enfrontamento, que acabou sen tantos no marcador, resolvíase a penaltis en favor dos de Vilaboa.

Despois o Meirás coroábase vencedor tras derrotar tanto ao Valdoviño como ao Rosalía nos seguintes partidos do veterano torneo. Así, venceu ao equipo perdedor do primeiro encontro da tarde (a S.D.Valdoviño) por dous tantos. O marcador quedou 0-2. E no último partido gañaba 1-0 ao Rosalía, que tivo que conformarse co segundo posto na competición.

O edil de deportes entrega o trofeo ao gañador, O Meirás

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, participou na entrega de trofeos.

Resto das competicións

A boa racha do Meirás estendeuse á categoría xuvenil. O club fíxose o sábado a mediodía con este trofeo a co trofeo, ao vencer á S.D. Valdoviño por 0-2.
Por último, na nova competición de veteranos, que se xogou este domingo ao mediodía, a S.D.Valdoviño caía na final fronte ao CD Narón, en tanto o CD Estrella de A Solaina foi terceiro e o cuarto posto foi para a S.D. Cultural Maniños.

Lea también

O Parrulo Ferrol luchará por conseguir la victoria este sábado en A Malata ante los campeones del Jimbee Cartagena

O Parrulo Ferrol quiere continuar con su buena dinámica de resultados en las últimas semanas …