Ferrol en Común solicita ao goberno local que non contrate artistas con letras machistas

Avanza la instalación del escenario, en la plaza de Armas

FeC con respeto ás festas de Ferrol que comenzan este venres 22 coa actuación de Omar Montes, expresan que as letras nos seus temas como:

«Que esta noche vamo a hacerlo hasta en el suelo
No soy barbero, pero te lo doy a pelo
Y yo sé que eres mala, pero pa ti tengo bala
Yo sé que chambea’, pero que también lo hala'»

«Un polvito aquí, un polvito allá
Apunta eso ya
De tanto hacerlo se queda pega’
Maldita perra no me deja en paz»

«É só unha mostra de letras espalladas de mensaxes denigrantes para o feminismo, que non casan coas políticas locais que se veñen desenvolvendo goberno tras goberno nos últimos anos, con independencia de quen goberne».

Dende Ferrol en Común «cremos que este tema debera levarse a debate ao Consello da Muller, de forma que sirva de asesoramento para a contratación de artistas que non cumpran uns mínimos parámetros de tolerancia ou respecto, no ámbito da muller, do racismo ou da xenofobia». «Estando dirixido este concerto, cunha figura de alto impacto mediático, os máis novos e novas, é un exercicio moi negativo, e que vai contra a educación en valores que unha sociedade democrática debe transmitir».

«Un concerto que supuxo un desembolso de cartos públicos descomunal, 121.000 euros que abona a Xunta de Galicia, máis outros 14.000 euros por parte de concello, para caprichos técnicos do artista, é dicir 135.000 euros, case o triplo da cantidade destinada a convenios con entidades que promoven a igualdade e que figuran nos orzamentos aprobados polo Partido Popular».

Ferrol en Común insiste «na necesidade de reconsiderar as políticas para unha programación cultural sen folla de ruta, que freou un Plan estratéxico pioneiro e que nos situaría na vangarda cultural, e que volveu ás políticas obsoletas de eventos puntuais co único fin de obter altas cifras de público, sen considerar a tradición do país, a diversidade social e a necesaria mestizaxe de estilos e espectros culturais».

Lea también

La Xunta restablece desde el lunes los itinerarios de 38 líneas de autobús por la avenida de las Pías de Ferrol

La Xunta restablecerá desde el próximo lunes, 25 de agosto, los itinerarios por la avenida …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *