Luis Rilo e Juanchi González, do Triatlón Ferrol, clasificados en Lugo para o campionato galego

Iván Puentes foi baixa de última hora para o Tríatlon do Miño por gastroenterite.
 
Fuente Triatlon Ferrol
Luis Rilo foi o mellor ferrolán no Tríatlon do Miño celebrado o pasado domingo na mañá en Lugo. Cun 31° posto, acada a praza para o campionato galego que este próximo domingo 25 acolle o barrio de Ferrol Vello. Tamén se clasificou Juanchi González, 47° da xeral e bronce en veteranos 2.
 
Pendente da lista definitiva de triatletas con praza para o galego, os resultados do Triatlón Ferrol complétanse con Antonio Souto, 49°, Chema Eiroa 59°, Tom Rodríguez 65°, Marcos Caneiro 75°, Mario López 88° e Marcos Alonso 94°.
 
A xuvenil Ariadna Soto Meizoso tivo que retirarse no último segmento por unha escordadura de nocello e Iván Puentes foi baixa finalmente por un proceso gastrointestinal.

Lea también

Más de 300 deportistas se dan cita este fin de semana en el ‘Campeonato de Bodyboard Cidade de Ferrol’

Las pruebas de las diferentes categorías se desenvolverán desde el viernes 28 hasta el domingo …