O lavadoiro de Fonte da Cal, recuperarase en Ares cun proxecto de rehabilitación do Concello

O Concello de Ares vén anuncia o inicio das obras para rehabilitar o lavadoiro de Fonte da Cal, no núcleo de Chanteiro, totalmente descontextualizado da súa contorna rústica e natural e con elementos que dotan á estrutura dun feísmo xeralizado.

Toda vez que finalice esta intervención, será o quinto lavadoiro reacondicionado polo goberno local, sabendo a relevancia patrimonial e emocional que teñen para a veciñanza de Ares e dando continuidade á estratexia urbanística que permite dignificalos ao longo do tempo.

Neste caso, traballarase tanto sobre a estrutura do propio lavadoiro, composto na actualidade por muros de ladrillo revestidos e pilares de formigón, e tamén sobre a fonte próxima a este. Incorporanse novos sillares de granito, eliminarase a actual cuberta de chapas de fibrocemento con amianto para instalar unha nova con tellas de cerámica curva e adaptarase todo o conxunto ao contexto no que se inscribe, dotando dunha maior harmonía tanto ó lavadoiro como á fonte.

Rehabilitarase un novo espazo cun considerable valor emocional para a veciñanza, ao actuar como lugar de socialización e construción de comunidade no pasado, “proseguindo cos esforzos do goberno local por recuperar o maior número de lavadoiros e fontes públicas posibles cos recursos actuais”, salientou Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, que tamén puxo en valor “os catro lavadoiros nos que xa intervimos e rehabilitamos ao longo dos últimos anos, dende Fonte da Tella, o verán pasado, ao do río Baixolo, en Seselle, tamén coa súa fonte; o de Bulleiro, en Lubre, ou a Torre, en Cervás”.

No caso de Fonte da Cal, os traballos supoñen un investimento de 38.217, 29 euros, asumidos entre as arcas municipais (18. 217, 25 euros) e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Xunta de Galicia (cunha achega de 20.000 euros).

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …