As Pontes destina 47.000€ ao programa “Eu almorzo no cole»

O Concello das Pontes, a través da Concellería de Benestar Social, destinará 47.000 euros ao programa municipal «Eu almorzo no cole» durante o curso escolar 2025-2026, xestionada a través das ANPAS dos centros educativos de Educación Primaria do municipio e que contou durante o curso pasado coa participación de máis de 120 familias pontesas.

Imaxe (de arquivo) sobre o programa de conciliación Eu almorzo no cole do Concello das Pontes

A concelleira de Benestar Social, Tania Pardo, explicou que “este programa, posto en marcha no ano 2019, ten como obxectivo principal axudar ás familias pontesas a compatibilizar a vida laboral e familiar, ao tempo que promove hábitos saudables entre a poboación máis nova mediante propostas de almorzos baseadas no consumo de froitas e lácteos, así como actividades lúdicas relacionadas coa práctica de exercicio físico”.

Así mesmo a responsable municipal apuntou que “nestes 15 anos comprobamos como cada vez son máis as familias que, por incompatibilidades horarias, precisan deixar aos seus fillos e fillas no colexio antes do inicio da xornada escolar. Ademais, o programa conta cunha excelente acollida entre o alumnado. Estas son as razóns principais polas que o goberno local aposta por manter e incrementar a partida orzamentaria desta iniciativa municipal, para continuar dando resposta ás necesidades da veciñanza”.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …