Valdoviño avanza a programación da II edición de “Contares Culturais nas Festas do Verán”

A orquestra Bravú Xangai e Encrucillada inauguran o 18 o cartel, que inclúe a Copos de Avena, o Mago Antón, Teatro Ghazafelhos, Los Nostálgicos, Le Barluthier e a colaboración especial de Xurxo Souto.

Encrucillada-archivo 2024

O Concello de Valdoviño avanza o cartel da segunda edición de “Contares Culturais nas Festas do Verán”, repleto de propostas durante a vindeira semana, do luns 18 ao venres 22 de agosto. Música, maxia, teatro, percorrido sonoro e un mercado sostible nocturno no programa, que volve contar co respaldo da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural e máis da Axencia Turismo de Galicia e Abanca no marco da subvención ao Pantín Classic omo Festa de Interese Turístico de Galicia.

Mago Antón-archivo

A Orquestra Bravú Xangai e Encrucillada inaugurarán o cartel do programa o vindeiro luns 18 de agosto ás 21:30 horas na Porta do Sol. Ao día seguinte, martes 19, e incluído no Festival Jazz na Costa Ártabra, proponnos un roteiro polos «Balcóns ao Atlántico», con saída da praia de Pantín ás 19 horas e coa colaboración de Xurxo Souto. O concerto de «Copos de Avena» na contorna da praia do Baleo, ás 21 horas, porá o broche de ouro á xornada. Xa o mércores, o parque da Frouxeira será o escenario do espectáculo «50», do Mago Antón, con funcións ás 13 horas, ás 17 horas, ás 18:30 horas e ás 20 horas.

O xoves 21 ás 20 horas, Teatro Ghazafelhos representará as súas «Historias para escagarriñarse» no adro da igrexa do Carme, en Valdoviño. E o venres 22, a Porta do Sol acollerá unha nova edición nocturna do Mercado Sostible, baixo o lema «Surf, praias e vida», dende as 19 horas e ata a medianoite. Entrementres, actuacións de Los Nostálgicos (20:30 horas) e Le Barluthier (22:00 horas).

Lea también

La Asociación de Veciños de Doniños acogió, este viernes, el Certamen de Corales de Navidad

La Asociación de Veciños de Doniños fue este fin de semana el escenario del Certamen …