O estadio de Río Seco acolle o X Torneo internacional Cidade de Narón de fútbol 8

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla, presenta xunto con Juan Carlos Vázquez, coordinador de fútbol 8 na Sociedade Deportiva, Cultural e Recreativa Narón-O Freixo, a décima edición do Torneo Internacional Cidade de Narón de fútbol 8.  Un evento deportivo que se levará a cabo do 5 ao 7 de setembro, nas categorías alevíns e benxamíns, no estadio municipal de Río Seco.

Máis de sesenta equipos de diferentes clubs participarán nesta edición, organizada un ano máis polo Concello e a SDCR Narón-O Freixo.

Entre as entidades deportivas a nivel autonómico que se darán cita nesta convocatoria están dous representantes galegos en primeira e segunda división, o Real Club Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña, así como as formacións da Cultural Leonesa, Racing de Ferrol, Compostela, Quirinal de Avilés, Atlético Coruña, Montañeros, Ural…, tal e como indicou Vázquez.

Así mesmo, no cadro de aspirantes figuran canteiráns do club de fútbol Oporto, Vitoria de Guimaraes ou Sporting de Braga, entre outros, aportando a internacionalidade a este evento.

Unha das novidades desta edición é que por primeira vez participará no torneo o Atlético de Madrid, na categoría benxamín sub 10. Os partidos disputaranse o venres de 14:00 a 22:00 horas aproximadamente e o sábado de 9:00 a 21:00 e o domingo de 9:00 a 20:00, segundo apuntaron dende o club local.

O torneo dará comezo cunha fase previa na que tomarán parte os equipos locais dende o venres ao mediodía, mentres que as finais, tal e como indicaron dende o club local, están programadas para o domingo 7 sobre as 20:00 horas.

O concelleiro de Deportes destacou a elevada participación neste torneo un ano máis e tamén o labor do club Narón-O Freixo, “por facer posible un ano máis que celebremos na cidade este evento deportivo e desfrutemos do fútbol 8 en Río Seco, nuns partidos que se disputarán en catro campos e cun total de 64 equipos”.

Estadio Río Seco

Lea también

El Racing de Ferrol araña un punto ante el Bilbao Athletic tras jugar 80′ en superioridad

«El filial bilbaino logró un valioso empate ante el Racing de Ferrol, jugando con uno …