As Pontes destina 520.000€ ás subvencións dirixidas ás entidades deportivas do municipio en 2025

O Concello das Pontes destinará 520.000 euros ás subvencións dirixidas ás entidades deportivas do municipio durante o ano 2025.

Fuente Concello de As Pontes

Estas achegas municipais teñen como obxectivo apoiar o tecido deportivo do municipio, facilitar o desenvolvemento das súas actividades e promover a participación da cidadanía na vida asociativa e deportiva, favorecendo así a democratización da sociedade.

As entidades solicitantes poderán cubrir os gastos que xere o desenvolvemento das actividades das entidades deportivas solicitantes ou a súa participación nas diferentes competicións,s para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade deportiva, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria.

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP número 144, del 31 de xullo 2024 , na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes.

Lea también

Dennis Berthod continuará en O Parrulo Ferrol en Primera División

O Parrulo Ferrol sigue dando a conocer a los integrantes de su equipo en esta …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *