As Pontes abre o 4 de setembro, o prazo de matrícula nas escolas municipais culturais

O Concello das Pontes abre o 4 de setembro, o prazo de matrícula nas escolas municipais culturais para o curso 2025-2026.

Fuente Concello de As Pontes

Entre os días 4 e 11 de setembro, o alumnado matriculado no curso 2024-2025 poderá solicitar a renovación de praza nas escolas municipais culturais se completou o curso, con asistencia habitual ás clases, se non ten recibos pendentes ou non foi baixa e deberá anotarse no mesmo grupo que o ano anterior

Este ano, ao igual que o ano pasado, a inscrición deberá realizarse, preferentemente, de forma telemática a través da sede electrónica do concello. Aquelas persoas que non dispoñan de medios ou coñecementos para realizar a inscrición online poderán descargase os impresos na páxina web municipal ou acudir ao Departamento de Cultura, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas, onde se lles facilitarán os impresos de solicitude de matrícula.

Unha vez rematado o prazo de inscrición do alumando matriculado no curso 2024-2025, o listado de prazas vacantes exporase, o día 17 de setembro, no taboleiro de anuncios do Departamento de Cultura, e abrirase o prazo de inscrición, do 18 ao 24 de setembro, para o alumnado de novo ingreso.  A adxudicación das prazas farase de forma directa cando a demanda non supere o número de prazas dispoñibles e cando o número de solicitudes supere as prazas vacantes realizarase á adxudicación a través dun sorteo público

O Departamento de Cultura notificará por correo electrónico ou teléfono a adxudicación de praza, e dará ao novo alumnado as instrucións e prazos para a realización do pago da matrícula.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …