Ares, entre os 74 municipios elixidos de toda Galicia para a campaña especial da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

As características da vila, entre elas o carácter solidario, con 28 doazóns por cada 1.000 habitantes ao ano, contextualizan a participación de Ares na iniciativa.

“Non esquezas doar antes de veranear”: baixo este lema principia a campaña de doazón estival da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Xunta para os vindeiros meses, unha aposta que ten coma obxectivo conseguir 27.000 doazóns de sangue dende xuño até setembro. Esa é a cifra que, dende ADOS, apuntan como fundamental para a actividade dos hospitais galegos.

No marco desta campaña especial, Ares será un dos 74 concellos seleccionados do total de 313 municipios de Galicia que contarán co despregue da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, tendo en conta as características do propio termo municipal e a involucración da veciñanza: durante o 2024, conseguíronse 28 doazóns por cada 1.000 habitantes en Ares, un dato que sitúa á localidade nos cinco primeiros postos con máis doazóns/habitante da comarca.

Así, o vindeiro mércores, 13 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, achegarase até a localidade unha unidade móbil ao carón do local “Pez Rojo”, sito na Avenida Saavedra Meneses, para todo aquel que desexe doar.

Neste verán, «procura 15 minutos e contribúe a salvar a vida de moitas persoas».

Lea también

Ortigueira refuerza su apoyo a ASPROMOR con una ayuda de 45.000 euros

Los objetivos principales de esta subvención nominativa son la adquisición de un grupo electrógeno de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *