Permitirá adaptar o planeamento á realidade urbanística do municipio
O Concello de Ares vén de recibir a resolución da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) a través da que se aproba con carácter definitivo a modificación puntual da normativa urbanística correspondente ás normas subsidarias en vigor dende a anulación do PXOM do 99 por parte da Xustiza.
A ratificación destas modificacións puntuais ten unha especial importancia no que ao planeamento urbanístico se refire posto que as normas subsidiarias, que datan de decembro do ano 1978, contemplan unha realidad que pouco o nada ten que ver co urbanismo dun municipio que neste eido foi obxecto de moitísimos cambios e actuacións, tanto na vila de Ares como no resto das parroquias e ámbito rural. Así mesmo, as normas do 78 empregan uns termos que co paso do tempo teñen mudado dun xeito considerable.
A este respecto, a modificación puntual realizada dende o Concello de Ares que agora vén de ser ratificada pola Xunta de Galicia afecta a aliñacións e rasantes, alturas e outras condicións vencelladas a diferentes termos urbanísticos.
En virtude destes cambios, que agora serán publicados no DOG pola propia Xunta e no BOP polo Concello, o Administración local, a través da normativa aprobada, outorgará unha uniformidade nas edificacións que se realicen conforme aos criterios do Plan Xeral en vigor entre os anos 1999 e 2007. E é que ata o de agora había unha clara disparidade entre a normativa que contiña as subsidiarias do 78 e a do propio Plan Xeral, que se solventa cos cambios propostos á Xunta, que vén de aprobar.
Estas normas, ademais, servirán de ponte entre o planeamento anulado no 2007 e o que se está redactando na actualidade por parte do Concello.
Esta aprobación súmase á xa materializada das parcelas anexas ao CPI Conde de Fenosa, polas que se permite á Consellería de Educación levar a cabo a ampliación do colexio, nomeadamente un Aulario para Infantil.