«Outono no CIRS» en Ares ofrece diversas actividades para esta fin de semana

Esta fin de semana continúa a programación de “Outono no CIRS” que organiza esta entidade, ao fío da celebración do samaín e dos magostos. O pasado sábado celebrouse -cunha grande participación- do roteiro das ánimas, polos camiños de Cervás.

 

Retomando as actividades, este venres 6 terá lugar unha nova edición da andaina polos soutos de castiñeiros, co obxecto de apañar castañas para a celebración do magosto ao día seguinte. E será o sábado 7 cando remate esta programación de Outono, con dúas actividades.

Por un lado, ás 18 horas no local do CIRS terá lugar a representación-dirixida a todos os públicos- da obra “Castelao: un corazón á intemperie” a cargo da compañía de títeres “Fantoches Baj”, que chega a Cervás patrocinada Concello de Ares dentro da programación da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

E, para rematar a xornada do sábado, a partir das 19 horas terá lugar o tradicional magosto; no que as persoas asistentes poderán degustar as tradicionais castañas, ademáis de arenques e liscos.

Lea también

Neda pone en marcha el curso de prevención de riesgos en el hogar y primeros auxilios para mayores

Se activa el curso de prevención de riesgos en el hogar y primeros auxilios para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.