O torneo reunirá a xogadores de diferentes categorías, desde Sub 10 ata Sénior e Veteráns. O torneo contará con sete sesións de xogo e entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría.
O Concello de Ares colabora na celebración do X Torneo de Xadrez “Concello de Ares”, que terá lugar o vindeiro 25 de outubro no casino de Ares, nunha xornada dedicada á práctica e á promoción deste deporte.
A competición está organizada polo Círculo Ferrolano de Ajedrez, en colaboración coa Escola Ferrolá de Xadrez e co patrocinio do Concello de Ares. O torneo contará con participantes de diferentes idades e repartirá trofeos aos tres primeiros clasificados nas categorías Sénior, Veteráns (maiores de 60 anos), Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10.
A xornada comezará ás 10:30 horas coa apertura das inscricións, mentres que a primeira sesión de xogo está prevista para as 11:00 horas. O calendario continuará con tres sesións durante a mañá, ás 12:00 e ás 13:00 horas, e retomará a competición pola tarde, coas partidas programadas para as 16:00, 16:45, 17:30 e 18:15 horas. A cerimonia de clausura e entrega de premios celebrarase ás 19:00 horas.
O sistema de competición será o suízo, a sete sesións, cun ritmo de xogo de 15 minutos máis cinco segundos por xogada. O torneo será valedoiro para ELO rápido. Ademais dos trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, durante a clausura sortearanse cinco vales para mercar unha pizza na Pizzería Carlos de Narón.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico xoanrei@gmail.com ou chamando ao teléfono 655 796 421. A organización facilitará de balde a licenza federativa ás persoas participantes que non estean federadas, para o que deberán achegar unha copia do DNI polas dúas caras ou do libro de familia.
As persoas interesadas poden consultar máis información sobre a competición nas webs xadrezferrola.gal e info64.org.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

