A cita terá lugar o sábado 24 de outubro ás 20:00 horas na Alianza Aresana.

A Deputación da Coruña, en colaboración có Concello de Ares e no marco do ciclo «Outono das Artes», organiza a representación de «Remelexo», a proposta escénica do dúo Baraza.
Baraza está formado por Alberte, no acordeón diatónico, e Uxía, na frauta e na voz. Os dous, provenientes de espazos artísticos diferentes, xúntanse para dar a coñecer este proxecto: «Remelexo». Trátase dun espectáculo multidisciplinar que combina música, vídeo e texto.
A través da historia de Diniña, reflexo da emigración galega ao Brasil, o espectáculo camiña entre as músicas tradicionais da Galiza e do Brasil, e no cal a lingua ten un papel central e fundamental.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
