As Pontes licita os traballos de mellora da pavimentación e servizos na rúa Anduriñas

O Concello das Pontes aprobou o expediente de licitación das obras de mellora da pavimentación e os servizos na Rua Anduriñas así como os traballos de traslado da marquesiña á Rúa Camelias, un proxecto cun orzamento de 223.349 euros, con cargo á Deputación da Coruña.

Este proxecto permitirá a renovación da calzada e beirarrúas do viario co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade para o que será preciso unificar a cota así como definir un único sentido de circulación, con espazo para aparcamento na marxe dereita do viario, en sentido da marcha.

As zonas de circulación diferenciaranse mediante o emprego de distintos pavimentos, seleccionándose as baldosas de formigón prefabricado para as bandas laterais destinadas ao tránsito peonil e as lastras de formigón na calzada central destinadas ao tráfico rodado de vehículos.

Entre os traballos previstos tamén se inclúe a renovación da rede unitaria de saneamento (mixta residuais- pluviais) existente que será substituída por unha rede separativa con colectores de PVC. Así mesmo procederase á substitución e renovación da canalización do alumeado publico municipal coa instalación de novas columnas e luminarias led a tresbolillo.

As obras contemplan a instalación de mobiliario urbano (bancos, papeleiras e xardineiras) e rematarán coa reposición da sinalización.

Lea también

Mugardos informa sobre los trabajos en curso para restablecer la iluminación afectada por los temporales

El Concello de Mugardos informa que continúa realizando intervenciones en distintos puntos del municipio para …