Pontedeume e Miño impulsan o valor do castro de Centroña-Perbes

Os Concellos de Pontedeume e Miño recibirán unha achega de máis de 30.000 euros do GALP Golfo Ártabro Norte para desenvolver un proxecto de estudo, conservación e divulgación do castro de Centroña-Perbes. A axuda forma parte do programa de dinamización do territorio costeiro financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021–2027.

O castro de Centroña-Perbes, situado entre ambos municipios, é considerado un dos xacementos castrexos con maior potencial do noroeste peninsular, tanto polo seu tamaño como polo seu estado de conservación. Con todo, continúa a ser un gran descoñecido dentro do patrimonio arqueolóxico galego. Por iso, os dous concellos decidiron sumar esforzos e traballar conxuntamente na súa posta en valor.

O proxecto presentado contempla a elaboración dun estudo histórico rigoroso, a redacción dun plan de conservación arqueolóxica e o deseño dunha campaña informativa que inclúe accións nas redes sociais, a creación dunha páxina web divulgativa e a instalación de paneis interpretativos no contorno do xacemento.

O orzamento total ascende a 38.236 euros. O GALP cubrirá o 80 % do custo, mentres que os Concellos de Pontedeume e Miño asumirán o 20 % restante.

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, destacou que este proxecto é «unha mostra do que podemos conseguir cando dous concellos veciños cooperan na defensa do patrimonio común e facelo da man de Miño é a mellor maneira de darlle o impulso que merece.”

Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Ángela Piñeiro, sinalou que “Centroña-Perbes pode e debe ser unha referencia cultural e un motor de desenvolvemento local sostible. Poñelo en valor é unha obriga e unha oportunidade.”

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …