Cedeira abre este lúns a Semana Infantil

A praza Roxa acollerá cada mañá a partir das 11.00 horas, de luns a xoves, actividades e xogos para nenos e nenas.

Semana Infantil de Cedeira 2024-Archivo Concello de Cedeira

Coa Festa do Percebe que tivo lugar esta fin de semana, Cedeira entra nun mes de agosto que vai estar inzado de actividades para todos os públicos, cun programa especialmente concentrado nas Festas da Patroa, do 11 ao 17. Desde este luns ata o xoves, as crianzas teñen unha cita cada día na praza Roxa a partir das 11.00 horas, para participar nos xogos e probas da Semana Infantil.

Neste programa xa tradicional dentro do verán cedeirés, cada mañá hai unha proposta diferentes para nenos e nenas. Así, hoxe luns haberá xogos atléticos, de velocidade e resistencia. O martes, de novo na praza Roxa a partir das 11.00 horas, desenvolveranse carreiras con ovo e culler e de sacos. Para o mércores están previstos o xogo das cadeiras e carreiras de habilidades por equipos e o xoves, o último día, celebrarase o concurso de castelo na area, diante do Chiringo, na zona de San Isidro.

O vindeiro venres, día 8, terá lugar a Carreira Popular, con saída ás 19.00 horas desde a praza Roxa. É unha proba cun marcado carácter lúdico, no que moita xente adoita ir disfrazada, e que reúne a persoas de todas as idades. A inscrición estará aberta na mesma praza Roxa esta mesma tarde, desde as 16.30 horas.

Entre outras citas no verán cedeirés, cómpre destacar tamén que o vindeiro domingo, día 10, terá lugar a vixésimo sétima edición da Travesía a Nado Concello de Cedeira, unha proba que adoita reunir a nadadores e nadadoras de diferentes clubes de toda Galicia. A saída tomarase ás 17.30 horas.

O domingo 10 será tamén en Cedeira o Día da Bicicleta, unha ocasión na que xente pequena e maior xúntase para realizar un paseo pola vila, cun percorrido ao alcance de todas as idades de algo máis dunha hora de duración. A cita será ás 11.00h na praza Roxa.

Lea también

En Ares, investigado un conductor por casi triplicar la tasa de alcohol permitida

Agentes de la Policía Local de Ares, han procedido a investigar a un conductor, por …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *