Oferta cultural en Cedeira nas vindeiras xornadas

O Concello de Cedeira ofrecerá un tren turístico que fará continuos viaxes entre a praza de Galicia e a zona do porto onde se vai desenvolver a degustación.

Cedeira concentra na fin de semana moitas atraccións e eventos, o máis destacado a vixésimo segunda edición da Festa do Percebe que se vai desenvolverno peirao baixo unha enorme carpa e a organización da Confraría de Pescadores. Unha vez máis o Concello disporá un tren turístico para facilitar os desplazamentos desde o casco urbano ata o porto, pero a vila terá outros focos de interese como o festival musical Discalzos, que encherá de música e bo ambiente a praza da Revolta.

A axenda comeza este venres cunha sesión para o público infantil na praza de Floreal, ás 20.00 horas. Alí estarán Os Bolechas e o seu espectáculo “O gran reto”, enmarcado no programa Falaredes 2025 da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta. Nesta ocasión, a familia ten que superar unha serie de probas deportivas, nun desafío cargado de humor no que se verá a importancia do traballo en equipo.

Tamén o venres, o Museo Mares inaugurará unha nova exposición temporal. Neste caso será a mostra titulada “Sensación de regresar”, con pinturas abstractas do artista Dani Mouriz, feitas con cartón, papel e plástico reciclado.

Ofrece tamén Cedeira esta fin de semana a cita co festival Discalzos, un evento de referencia no verán de Ferrolterra, caracterizado sempre pola súa aposta pola calidade musical e a mistura de diferentes estilos. O evento desenvolverase na praza da Revolta, como é habitual, de seguro que nun ambiente familiar favorecido polo feito de que, xunto coa música, haberá tamén actividades para as crianzas.

O programa comezará o sábado co percorrido dunha charanga que sairá ás 18.00 horas da praza Marieta e realizará un percorrido polo casco urbano para terminar na Revolta. Alí, desde as 17.00 horas xa estarán a desenvolverse diferentes obradoiros e xogos para nenos.  Contra as 19.00 comenzará a actuación de Uxía Lambona para o público infantil. Ás 21.00 horas comezarán os concertos, que nesta primeira xornada chegarán máis alá das tres da mañá. O “cosmic blues” de Zalomon Grass será el primer grupo en el escenario, que a continuación recibirá á mítica banda de rock Sobrinus, de volta despois de case unha década de ausencia. Macheta Supahsound, Alpargata e Carta Suicida tocarán a continuación.

O programa do domingo no festival Discalzos comezará ás 13.00 horas cunha sesión vermú que tamén ten previsto alongarse con sucesivas actuacións ata media tarde. Os grupos locais Salty Roots, Pechabares e Caldeirada comparten cartel con Gran Poder. Haberá postos de venda de artesanía e tamén un par de foodstrucks.

Na xornada do sábado, o Museo Mares acollerá o sábado dúas charlas do programa Cedeciencia, a partir das 12.00 horas. Juan Rodríguez, un dos organizadores, doutor en Bioloxía Evolutiva e que na actualidade lidera varios proxectos de investigación en Copenhague, falará do “ADN de mamut… en tres dimensións”. A ceramista de raíces cedeiresas Martina Beceiro exporá o tema “Do barro á mesa: a arxila como base dos procesos cerámicos”, non só desde o seu punto de vista como artesá senón aplicando os coñecementos científicos sobre os materiais para explicar os procesos cerámicos. Ambas as dúas serán de acceso libre.

As billeteiras para a Festa do Percebe estarán abertas tanto o sábado como o domingo entre as 12.00 e as 17.00 horas ata agotar existencias. A intención da Confraría de Pescadores é ofrecer arredor de 500 quilos de percebes e 600 de polbo, como en anos anteriores, pero cómpre sinalar que o prezo e a cantidade non se pechará ata o último día. No mesmo horario fará continuas viaxes o tren turístico, desde a praza de Galicia ata o peirao, coa finalidade de facilitar os desprazamentos e evitar a saturación de vehículos na zona do porto.

Na xornada do domingo, o Concello levará os inchables terrestres e acuáticos xigantes á praia de Area Longa. Menores e maiores poderán inscribirse alí mesmo para esvarar por eles, así como apuntarse para empregar os kayaks que tamén estarán a disposición do público. É esta unha actividade convertida xa nun clásico do verán en Cedeira que adoita ter moito éxito.

Continúan tamén os programas de rutas e paseos guiados. No programa DeRuta, para este sábado está prevista a circular do Condomiñas, con saída desde o Parque dos Patos ás 10.00 horas mentres que nos Paseos Guiados o mesmo sábado farase o percorrido “Cedeira e o mar” pola zona do porto.

As persoas interesadas deben realizar a inscrición previamente. Por outra banda e no eido cultural, o xoves, día 31 de xullo, o Auditorio Municipal acolle a presentación do número 12 da revista Terras do Ortegal. Será ás 20.30 horas.

Lea también

Ortigueira abre el plazo de solicitudes para el programa de ‘Agasallos de Nadal 2025’

El gobierno local lanza un año más una iniciativa de ayuda para que ningún niño …