O club moteiro Tribu Mohican organiza la VII ruta motera con la fraga como epicentro

O club moteiro Tribu Mohican presentou na Casa do Concello de As Pontes a sétima edición da súa xa consolidada ruta moteira, que se celebra este sábado 2 coa área recreativa da Fraga como punto neurálxico das actividades.

club moteiro Tribu Mohican

O acto contou coa participación da concelleira de Turismo, Hostalería e Comercio, Elena López, que destacou o esforzo do club por organizar iniciativas que, ademais de dinamizar o municipio, contribúen a promocionar os espectaculares recunchos naturais das Pontes e da contorna.

López subliñou tamén o impacto positivo que eventos como este teñen no sector hostaleiro local, especialmente importante durante a tempada estival. Ademais, fixo fincapé na gran afección que existe na vila polo mundo do motor. “As Pontes conta cunha cifra moi elevada de licenzas federativas relacionadas co motociclismo e automobilismo, incluso por riba doutros deportes máis populares como o fútbol”, apuntou.

A concelleira animou á veciñanza a achegarse ata a área recreativa Xosé Ferro para gozar dunha xornada diferente, na que se poderá ver unha ampla variedade de motos e vehículos, que permanecerán expostos durante a tarde. Pola súa banda, o presidente do club, Jesús Martínez, avanzou que se agarda superar o centenar de participantes, procedentes de diferentes puntos de Galicia, mantendo así o nivel de convocatoria doutras edicións.

O programa arrancará ás 10:00 horas coa apertura de inscricións na Fraga. Ás 11:00 horas dará comezo a ruta moteira, que percorrerá paraxes emblemáticas das Pontes como o lago, Saa ou Espiñaredo, e estenderase tamén a municipios veciños como Xermade e Cabreiros.

Ás 14:00 horas está previsto un xantar de confraternidade na tradicional caseta do polbo da Fraga. Pola tarde, o público poderá desfrutar de sorteos e dunha actuación musical que porá o broche final a unha xornada pensada para os amantes do motor e da boa compañía.

Lea también

Xosé Miguel Mahía renunció al acta de concejal de Mugardos por motivo de estudios en el extranjero

La noticia, aunque no era oficial, se hizo real en la mañana de este miércoles, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *